12 de outubro: Día Mundial das Enfermidades Reumáticas

Día Mundial das Enfermidades Reumáticas.

Dende o grupo de Traballo de Patoloxía Osteoarticular e Infiltracións de AGAMFEC queremos destacar a relevancia do noso traballo no manexo das afeccións músculo-esqueléticas, que representan unha causa frecuente de consulta nas nosas consultas.

Os nosos principais obxectivos son:

* Formación e actualización: Proporcionar aos médicos de familia de Galicia as ferramentas e coñecementos necesarios para un diagnóstico e tratamento precisos da patoloxía osteoarticular.

* Mellora da calidade asistencial: Estandarizar e optimizar as técnicas de infiltración, garantindo a seguridade e a efectividade destos procedementos na atención primaria.

* Investigación: Fomentar a investigación neste campo, contribuíndo á xeración de evidencia científica que respalde as mellores prácticas clínicas.

* Colaboración interdisciplinar: Traballar en rede con outras especialidades para garantir unha atención integral e coordinada aos nosos pacientes.

Estamos comprometidos a mellorar a calidade de vida dos pacientes con problemas osteoarticulares, proporcionando unha atención cercana, accesible e de alta calidade desde a medicina familiar e comunitaria.

María Teresa Ferreiro Serrano
Coordinadora do Grupo de Traballo de Patoloxía osteoarticular e infiltracións de AGAMFEC
Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria

 

Escribe a secretaria@agamfec.com se queres formar parte deste Grupo de traballo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.