Neste xa ben empezado século XXI, segue a ser unha incuestionable realidade en tódolos ámbitos, tanto o rural como o urbano, que o traballo de coidados é levado a cabo nunha inmensa maioría dos casos por mulleres. Isto cobra especial importancia no medio rural, no cal o illamento, a soidade e o envellecemento poblacional son dos principales retos aos que como sociedade temos que enfrentarnos, o que fai inmensa a laboura de coidados das coidadoras.
Como médicas e médicos de familia e comunidades no rural, ademáis temos ben claro que a maioría do tecido asociativo comunitario, tanto a nivel formal, en asociacións de veciños, mulleres rurais… como informal está constituido e impulsado por mulleres. Son as mulleres as que tecen as redes das comunidades rurais.
Este 15 de Outubro conmemórase a nivel internacional o día da Muller Rural e dende a vogalía rural de AGAMFEC, queremos recoñecer e agradecer este traballo e este sostén a todas as mulleres rurais. Sen o voso esforzo, o noso traballo sería imposible.
Tamén reivindicar a importancia social fundamental deste traballo de coidados, escasamente recoñecido e valorado, e levado a cabo en condicións non poucas veces moi precarias.
No voso día, de corazón, GRAZAS!

