AGAMFEC INFORMA COVID19

Normativa de supervisión de especialistas en formación

Con respecto á recente comunicación a residentes e titores acerca de contratos de traballo e xestión de vacacións, dende AGAMFEC gustaríanos recordar o que recolle a normativa:

 

O residente de 4º ano debe estar capacitado para asumir as funcións propias da especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria.

Dita actividade deberá realizarse nos centros de saúde acreditados adxudicados nos que desenvolve a súa formacion .

En todo momento deberá coñecer que profesionais do persoal están presentes na unidade na que o residente está prestando servizos e ten dereito a consultarlles e solicitar o seu apoio cando o considere necesario pola súa condición de especialista en formación e dereito a supervisión.

Ademáis, os Protocolos de Supervisión, que deberían estar elaborados e aprobados polas Comisións de Docencia, deberían reflexar o grado de supervisión que precisan os residentes no seu cuarto ano de formación.

A duración da residencia será a fixada no programa formativo da especialidade e o contrato do residente é incompatible con calquera outra actividade noutros centros sanitarios.

 

Gustaríanos ademáis recalcar que, como sociedade científica que ten como finalidade o fomento, o desenvolvemento e  a promoción da Medicina Familiar e Comunitaria, consideramos un deber inexcusable  defender a calidade da formación dos nosos residentes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.