Dia mundial contra a dor
17 de Outubro
O ano 2025 foi designado pola IASP (Asociación Internacional para o estudo da Dor) como : Manexo da Dor, Investigación e Educación en Entornos de Ingresos Baixos e Medianos, que pon o foco nas desigualdades de recursos tanto en paises de baixos/medianos ingresos, como en poboacions minoritarias ou desprazadas en paises de altos ingresos.
A dor é unha experiencia complexa, co que a abordaxe raramente será simple, e os determinantes sociais da saúde (vivenda, ocupación, recursos económicos, cultura…) poden supoñer un importante condicionante para que unha persoa que o padece reciba a atención adecuada.
A dor se define como unha experiencia emocional e sensorial desagradable, polo que as barreiras de acceso ao sistema sanitario e a tratamentos adecuados, así como actitudes negativas por parte dos profesionais poden fomentar a inequiade na atención a estes pacientes.
O investimento en educación e investigación terá beneficios para todolos pacientes en calquera contexto.
Ana Bello Souto
Referente de Dor Persistente de AGAMFEC

