CURSO DE SOPORTE VITAL AVANZADO CARDIO-TRAUMATOLÓXICO II Edición 2015

Cargando mapa....

Información das datas
27/05/2015 - 29/05/2015
Todo o día

Sede de celebración
HOSPITAL MONTECELO (PONTEVEDRA)

Na/s categoría/s


Número de alumnos: 20

Duración: 20 horas

OBXETIVOS:

Xerais:
Coñecer o substrato teórico e as habilidades técnicas que configuran o soporte vital avanzado co fin de previr e tratar o paro cardiorrespiratorio, así como o tratamento inicial avanzado do paciente politraumatizado.

Específicos:

Unha vez superado o curso, o alumno será capaz de:

  • Recoñecer a perda de consciencia.
  • Realizar a apertura da vía aérea.
  • Diagnosticar unha parada cardiorrespiratoria.
  • Realizar adecuadamente as manobras de RCP básica.
  • Realizar o illamento da vía aérea.
  • Manexar adecuadamente as vías venosas.
  • Coñecer o manexo das drogas que se utilizan no tratamento da PCR.
  • Monitorizar o paciente para recoñecer e tratar as arritmias máis frecuentes.
  • Realizar as técnicas de desfibrilación, cardioversión e electroestimulación cardiaca transcutánea.
  • Integrarse no equipo de tratamento da PCR como director ou como parte do mesmo.
  • Utilizar os medios de inmobilización máis axeitados.
  • Mobilizar e extricar a pacientes accidentados.
  • Integrar a RCP en situacións de pacientes politraumatizados.
  • Ofrecer ao paciente crítico un tratamento inicial integral dacordo á súa patoloxía.

Profesorado:

Instructores e monitores de RCP avanzada da SEMICYUC (Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias).
Persoal docente con actividade habitual nas emerxencias médicas..

Dirixido a:

Médicos e diplomados universitarios en enfermaría con expecialidade de urxencias, e médicos coa especialidade de medicina familiar e comunitaria.

PERTINENCIA DA ACTIVIDADE:
Necesidades ás que responde:

  • Profesionais: Completar e reforzar unha área esencial para o correcto desempeño do traballo profesional habitual.
  • Necesidades detectadas de acordo ao estudio Delphi: As necesidades de formación do persoal sanitario da rede asistencial do SERGAS.

Método de detección empregado:

  • Demanda habitual deste tipo de formación por parte dos profesionais.
  • Enquisas dirixidas.
  • Demanda vía Internet a nosa páxina Web.

METODOLOXÍA DOCENTE:
O curso consta dunha parte de clases teóricas e outra de desenvolvmento de obradoiros prácticos para adquirir as habilidades específicas das técnicas de RCP avanzada cardiotraumatolóxica.

ACREDITACIÓN:
Todos os alumnos recibirán un diploma do curso realizado que será emitido polo Consejo Español de Resucitación Cardiopulmonar (CERCP).
A lista de alumnos que teñan realizado o curso será enviada á Secretaría do Comité de RCP, así como o programa impartido e un resumo dos resultados da enquisa.

Comisión Autonómica de Formación Continuada do Plan Nacional de Salud.
CERCP-logo

 

 

AVALIACIÓN:
Requerimentos para a obtención de créditos:

  • Asistencia ao 100% das clases teóricas e prácticas.
  • Exame teórico tipo test: require superar o 75% das preguntas.
  • Exame de práctica integrada: simulación dunha situación de parada cardiorrespiratoria que debe ser tratada polo alumno como director do equipo.

Avaliación dos docentes:

  • Enquisa de satisfacción por parte dos alumnos.
  • O curso debe ser superado por máis do 80% dos asistentes.

PREZO:

  • SOCIOS DA AGAMFEC: 240 €
  • NON SOCIOS DA AGAMFEC: 340 €

DESCARGAR INFORMACIÓN COMPLETA DO CURSO

Solicitude de inscrición

  •   Si
      Non
  •   Acepto as condicións da política de privacidade da web