O esencial da BEXSERO

O recente cambio nas condicións de uso da vacina BEXSERO® (vacina contra Neisseria Meningitidis serogrupo B) pola Axencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios (AEMPS) permitirá a súa dispensación como medicamento “suxeito a prescripción médica” e poderase adquirir nas oficinas de Farmacia de toda España.

Por tal motivo, o grupo de traballo de Pediatría da AGAMFEC recorda, respecto dita vacina:

PAUTA DE ADMINISTRACIÓN (segundo a idade)

bexserotabla

PRECAUCIÓNS e EFECTOS SECUNDARIOS

  • (*) Pódese administrar conxuntamente con tódalas vacinas do calendario oficial galego, coa excepción da vacina conxugada contra a Neisseria Meningitidis do serogrupo C (pauta actual 4 e 12 meses e 12 anos), recomendándose deixar un intervalo entre elas de, alomenos, DÚAS SEMANAS.
  • (**)A inclusión da vacina nun calendario sistemático podería permitir a pauta 2+1 (como decidiron no Reino Unido).
  • Soe producir FEBRE ELEVADA (maior de 38ºC, e incluso ata os 40ºC), sobre todo en menores de dous anos, e máximo cando se administra conxuntamente con outras vacinas do calendario vacinal. Ante esta situación poderíase:
    • Deixar un intervalo de, alomenos, dúas semanas entre a administración das vacinas do calendario e a BEXSERO® (por iso, unha pauta alternativa podería ser 3-5-7 meses, para evitar coincidencias).
    • Uso profiláctico de PARACETAMOL en dose axeitada, antes (ou xusto despois) da administración da/s vacina/s, e dúas doses posteriores a intervalos de 4-6 horas. Se non existen máis síntomas e persiste a febre, manter paracetamol profiláctico. Ante dúbidas, CONSULTAR
  • Nos estudios preliminares a comercialización outros efectos adversos locais comunmente rexistrados foron a DOR LOCAL -incluso intensa- (70%), eritema (64%), induración (56%) e hinchazón (32%).
  • Asimesmo recordar que calquer efecto adverso ha de ser notificado mediante os mecanismo existentes.

 

Para máis información específica ou dúbidas: pediatria@agamfec.com

 

BIBLIOGRAFÍA:

http://www.aemps.gob.es/informa/notasInformativas/medicamentosUsoHumano/vacunas/2015/NI-MUH_23-2015-vacuna-bexsero.htm (última consulta 01.10.2015)

https://www.gov.uk/government/collections/meningococcal-b-menb-vaccination-programme (última consulta 01.10.2015)

FICHA TÉCNICA: http://www.ema.europa.eu/docs/es_ES/document_library/EPAR_-_Product_Information/human/002333/WC500137881.pdf

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies