NOVO CALENDARIO DE VACINACIÓN INFANTIL – XANEIRO 2017

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se actualiza o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.

Tras os acordos acadados a nivel técnico entre todas as CC.AA., o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), na súa reunión do pasado 13 de abril, aprobou un novo calendario vacinal común que modifica a pauta de vacinación contra a difteria, o tétanos, a tose ferina, a poliomielite, Haemophilus influenzae tipo B e a hepatite B, que pasa a unha pauta de 2 máis 1, eliminando a dose correspondente aos 6 meses e engadindo unha dose aos 11 meses coa función de dose de reforzo que permite eliminar tamén a dose dos 18 meses.
Este calendario aprobado polo CISNS foi estudado e analizado pola Comisión Asesora de Enfermidades Inmunoprevibles de Galicia, que entendeu que as modificacións e actualizacións aprobadas sobre as pautas do calendario de vacinacións sistemáticas respostan e adáptanse aos novos requirimentos científicos e epidemiolóxicos, polo que emitiu un informe favorable sobre isto, e recomendou tamén a supresión da dose de hepatite B ao nacemento.

O calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación, queda como segue:

 

calendario2017vacinas

 

(1) Administrarase 1 dose ao nacemento aos fillos de nai sen cribado prenatal e unha dose máis inmunoglobulina HB aos fillos de nai portadora.

(2) Esta dose aos 11 meses empezará a administrarse a nenas/os nacidas/os a partir do 1 de xullo de 2016.

(3) Esta dose de DTPa administraráselles ás nenas/os nacidas/os a partir de xullo de 2016. Ás nenas/os nacidas/os anteriormente que recibiron catro doses de DTPa anteriormente administraráselles unha dose de DTPa de baixa carga.

(4) Administrarase a persoas nacidas a partir do 1 de xullo de 2016.

(5) Persoas que refiran non ter pasado a enfermidade nin recibido esta vacina con anterioridade.

(6) Unicamente rapazas, 2 doses: 0,6 meses.

(7) Manterase tamén a vacinación de VPH aos 14 anos durante 2017 para as rapazas que están agora en idades entre 13 e 14 anos que non se vacinasen previamente.
A presente resolución será de aplicación o 1 de xaneiro de 2017.

Fonte: DOG 9 decembro 2016. 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies