Día Mundial da Medicina de Familia 2017. Un médico de familia máis por cada 10.000 cidadáns

Ola!

Hoxe é o Día Mundial da Medicina de Familia e dende AGAMFEC – semFYC pensamos en promover unha campaña reivindicativa:

#1MFmás: Un médico de familia máis por cada 10.000 cidadáns para garantir a calidade da atención sanitaria.
Con só 34.900 médicos atendendo aos cidadáns na Atención Primaria, a media de efectivos por cada 10.000 habitantes de España queda en 7,6, lonxe dos 9,7 que hai de media en Europa. Ante tal circunstancia, a semFYC cifra o incremento necesario coa cifra de 4.500 médicos de familia máis para que se incorporen no corpo de médicos que atenden aos cidadáns en AP.

Podes axudarnos de varias formas:
Explicando o obxectivo da campaña no teu Centro de Saúde, nas redes sociais, na Universidade, aos teus pacientes,…
Colocando a imaxe da campaña no teu avatar de Twitter, Facebook ou calquera outra rede social e difundindo os motivos da campaña nas redes sociais usando a etiqueta #1MFmás

Grazas pola túa colaboración!

Autor/es
Etiquetado como

Publicacións relacionadas

*

Top
Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies