GRUPO DE MEDICINA RURAL

COORDINADOR/A – GRUPO DE MEDICINA RURAL
Olalla Quintairos Veloso

Os grupos de traballo de Agamfec, son xunto coas vocalías, a alma da nosa sociedade. Son os seus membros os que fan a investigación, o ensino, e toman o pulso ás novas demandas dos cidadáns e da nosa profesión. Se está interesado en participar nun grupo, so ten que enviar un email o coordinador do mesmo. Se quere crear un novo, escriba a: grupos@agamfec.com

MEMBROS DO GRUPO DE MEDICINA RURAL

Olalla Quintairos Veloso (Coordinadora)

Mercedes Ferreira Bouza

Portal González Lorenzo

Olalla Lopez Grandal

Trinidad Gamarra Mondelo

Mª Carmen Grueiro González

Maite Expósito Carballeira

Alba Rodriguez Gavino, PAC de Sarria

Lea Conde Guede, PAC de Coles

Paula Docampo Dameá, PAC de Verín

Actividades formativas externalizables

Agamfec traeche as actividades de formación onde as precises, adaptandoas as túas necesidades. Consulte a oferta formativa e pídanos un orzamento.

PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS

O grupo de traballo ten como principal obxectivo ser referente en Galicia no campo da Medicina Rural, medio no que desenvolven a práctica médica unha parte moi representativa dos médicos de Atención Primaria da nosa comunidade.

A aplicación das novas tecnoloxías no medio rural, a rotación rural dentro do programa da especialidade, as habilidades clínicas, o desenvolvemento profesional, etc….serán, entre outros, os obxectivos do grupo.

Xa que logo, poderiamos empezar preguntándonos:

  • Sabemos cantos Médicos de Familia traballan nun medio rural?
  • Investigar, cuantitativa ou cualitativa, publicar, como o facemos?
  • Faille falta ao Médico Rural habilidades específicas? Faille falta unha formación específica?
  • Como o podemos facer para non perder as habilidades clínicas traballando con poboacións pequenas?
  • Realmente os indicadores asistenciais actuais, describen o traballo diario dos médicos rurais?
  • É, certamente un destino dos novos médicos de familia ou o ven como segunda opción?
  • Vese como unha etapa de paso na carreira profesional do médico?
  • É o medio rural docente para un residente? Cantos titores e colaboradores docentes hai no medio rural?
  • Motívalles aos residentes o medio rural?
OBXECTIVOS DO GRUPO

• Promoción e fomento da Medicina Rural na nosa Comunidade Autónoma(CC.AA) e ser punto de encontro entre os profesionais que traballamos neste ámbito
• Defender que os cidadáns de poboacións rurales de nosa CCAA teñan acceso ás mesmas prestaciones do SNS que o resto de cidadáns.
• Analizar as condicións de traballo do Médico Rural e traballar pola solución dos problemas que presente.
• Fomentar a formación continuada de calidade para os profesionais no medio rural, axudados coa colaboración doutros GdT de AGAMFEC e da Administración Sanitaria.
• Promover actividades de Promoción e Prevención de Saúde e Actividades Comunitarias tamén en ámbito rural.
• Defender as novas tecnoloxías en zonas rurales
• Fomentar o mantemento da rotación rural de calidade en todas as Unidades Docentes da nosa Comunidade.
• Promocionar a investigación no medio rural co apoio de AGAMFEC.
• Facer visible a Medicina Rural dentro dos diferentes foros sanitarios.
• Colaborar e ser parte activa no asesoramiento local e rexional en materia de Xestión administrativa dos Servizos Sanitarios.
• Colaborar co resto de GdT de AGAMFEC no fomento da Medicina Rural e co GdT Rural semFYC no que nos solicite.

MEMORIA DE ACTIVIDADES

ACTIVIDADES 2020:

Comité organizador de V Jornada Rural de semfyc, que tenia prevista la celebración en Orense en
octubre de 2020. Con motivo de las circunstancias actuales derivadas de la pandemia se ha postpuesto
su celebración al añó 2021,

Participación el el volumen 26(2) especial coronavirus de Cadernos de Atencion primaria, xullo 2020,
Unha experiencia no rural. Mercedes Ferreira Bouza
Entrevista Medicos y pacientes.com, OMC, 15/05/2020, Mercedes Ferreira Bouza

Participación en grupo nacional semfyc, de varios miembros del grupo. El grupo nacional tiene como
represente euripa semfyc a Mercedes Ferreira Bouza.
Participación en foro euripa que se desenvolvió online en septiembre del 2020 ( 18-19 sept). La
celebración presencial se ha postpuesto para septiembre 2021.

ACTIVIDADES 2019:

– Participación nas IV Xornadas semFYC de Medicina Rural o 25 e 26 de Outubro de 2019

OUTRAS ACTIVIDADES

• Reunión de Titores e Colaboradores Docentes Rurais nas XV Xornadas de Medicina Familiar e Comunitaria. A Coruña, 12 de Novembro de 2010

.• Participación nas I Xornadas Universitarias dá AGAMFEC? (Facultade de Medicina de Santiago de Compostela) co Taller de Paciente Pluripatológico.
• Taller do Genograma Familiar, a desenvolver nas XVIII Xornadas de AGAMFEC-2013 (Ferrol)
• Participación no congreso semFYC 2014, nas Mesas:
– Atraendo médicos novos a traballar no medio rural
– Proxectos innovadores no medio rural
• Detección da situación dos coidados paliativos no medio rural , na nosa comunidade, a través de encueta on-line. Exposición de resultados no congreso semFYC 2015.
• Desenvolvemento do documento sobre a Rotación Rural a través de técnica DAFO, na que participaron médicos rurales da nosa comunidade, expertos no tema. Exposición oral de devandita experiencia no congreso semFYC2016
• Participación nas I Xornadas nacionais de Medicina Rural de semFYC? (Ávila 216) e na elaboración da “Declaración de Ávila”
TALLERES (son talleres realizados/creados por diferentes membros do GdT de medicina rural de semFYC incluída AGAMFEC)
• Taller de Incidentes Crïticos no medio rural
• Atención Domiciliaria no medio rural
• Utilizando o Xenograma Familiar

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies