Curso Soporte Vital Avanzado Ourense. Novembro 2016.

673
Cargando mapa....

Información das datas
24/11/2016 - 25/11/2016
Tódala xornada

Sede de celebración
Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense

Na/s categoría/s


FASE ONLINE: 29 OUTUBRO-23 NOVEMBRO 2016
FASE PRESENCIAL: 24-25 NOVEMBRO 2016

CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL (OURENSE)

Obxectivos xerais

Coñecer o substrato teórico e as habilidades técnicas que configuran o soporte vital avanzado co fin de previr e tratar o paro cardiorrespiratorio, así como o tratamento inicial avanzado do paciente politraumatizado.

 

ESPECÍFICOS

 

Unha vez superado o curso, o alumno será capaz de:

  • Recoñecer a perda de consciencia.
  • Realizar a apertura da vía aérea.
  • Diagnosticar unha parada cardiorrespiratoria.
  • Realizar adecuadamente as manobras de RCP básica.
  • Realizar o illamento da vía aérea.
  • Manexar adecuadamente as vías venosas.
  • Coñecer o manexo das drogas que se utilizan no tratamento da PCR.
  • Monitorizar o paciente para recoñecer e tratar as arritmias máis frecuentes.
  • Realizar as técnicas de desfibrilación, cardioversión e electroestimulación cardiaca transcutánea.
  • Integrarse no equipo de tratamento da PCR como director ou como parte do mesmo.
  • Empregar os medios de inmobilización máis axeitados.
  • Mobilizar e extricar a pacientes accidentados.
  • Integrar a RCP en situacións de pacientes politraumatizados.
  • Ofrecer ao paciente crítico un tratamento inicial integral dacordo á súa patoloxía.

DOCENTES

Instructores de Soporte Vital Avanzado do Programa ESVAP da  semFYC (Sociedad Española de Medicina Familiar y Comunitaria) e persoal docente con actividade habitual nas emerxencias médicas.

DIRIXIDO A

Médicos e DUE con especialidade de urxencias intra e extrahospitalarias, e médicos coa especialidade de medicina familiar e comunitaria. Por iso, seleccionaranse as solicitudes en base a: Lugar de actividade profesional habitual (valorarase o desempeño de actividade en servizos de urxencias) e número de pacientes atendidos ó ano en servizo de traballo habitual (valorarase o maior número de pacientes)

Mais informacion e programa no diptico que podes descargar premendo aqui

 

Reservas de praza

As reservas están pechadas.

Los comentarios están cerrados.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies