CURSO SOPORTE VITAL AVANZADO CARDIO-TRAUMATOLÓXICO Monforte 2017.

Cargando mapa....

Información das datas
14/03/2017 - 15/03/2017
12:00 am

Sede de celebración
Hospital Comarcal de Monforte

Na/s categoría/s


CURSOS AGAMFEC 2017. SOPORTE VITAL AVANZADO CARDIO-TRAUMATOLÓXICO. I EDICIÓN 2017
FASE ONLINE: 20 FEBREIRO 2017-13 MARZO 2017
FASE PRESENCIAL: 14 e 15 MARZO 2017
HOSPITAL COMARCAL MONFORTE DE LEMOS

Data límite de inscrición: 18 Febreiro 2017

OBXECTIVOS

– XERAIS Coñecer o substrato teórico e as habilidades técnicas que configuran o soporte vital avanzado co fin de previr e tratar o paro cardiorrespiratorio, así como o tratamento inicial avanzado do paciente politraumatizado.
– ESPECÍFICOS Unha vez superado o curso, o alumno será capaz de:
· Recoñecer a perda de consciencia.
· Realizar a apertura da vía aérea.
· Diagnosticar unha parada cardiorrespiratoria.
· Realizar adecuadamente as manobras de RCP básica.
· Realizar o illamento da vía aérea.
· Manexar adecuadamente as vías venosas.
· Coñecer o manexo das drogas que se utilizan no tratamento da PCR.
· Monitorizar o paciente para recoñecer e tratar as arritmias máis frecuentes.

· Realizar as técnicas de desfibrilación, cardioversión e electroestimulación cardiaca transcutánea.
· Integrarse no equipo de tratamento da PCR como director ou como parte do mesmo.
· Empregar os medios de inmobilización máis axeitados.
· Mobilizar e extricar a pacientes accidentados.
· Integrar a RCP en situacións de pacientes politraumatizados.
· Ofrecer ao paciente crítico un tratamento inicial integral dacordo á súa patoloxía.

Mais información e programa PREMENDO AQUI
 

 

Reservas de praza

As reservas están pechadas.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies