O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto que regula a relación laboral especial dos residentes en Ciencias da Saúde. A norma actualiza as condicións de traballo dos residentes e reforza as garantías sobre xornada, descansos, retribucións e protección da saúde:
▪️ Xornada semanal ordinaria: 35 horas. Garantía dos descansos que son obrigatorios, efectivos, irrenunciables e non recuperables.
▪️ Máximo mensual: de 68 horas de garda (4 bloques de 17 horas). Excepcionalmente poderá engadirse un módulo de garda adicional, por razóns xustificadas de carácter docente.
▪️ Duración máxima de xornada ininterrompida de 17 horas (sumando xornada ordinaria e de garda). En termos prácticos, libranza do saínte e tamén do entrante.
▪️ A duración conxunta de xornada ordinaria e gardas non poderá superar 45 horas semanais de traballo efectivo de media trimestral.
▪️ Dereito a ser informado da distribución da xornada cunha antelación mínima de dous meses.
▪️ Control horario: os centros deberán dispoñer de sistemas de rexistro horario, accesibles ao persoal residente, para verificar o cumprimento dos límites.
▪️ Mantense o réxime de dedicación exclusiva a tempo completo, regulándose a compatibilidade das actividades que, sen ter carácter profesional, poden considerarse compatibles coa residencia (produción e creación literaria, artística, científica ou técnica), sempre que non se orixinen no marco dunha relación de emprego, desenvólvanse fose da xornada laboral e non interfiran na actividade formativa nin asistencial do residente, debendo ser comunicadas á Comisión de Docencia.
▪️ Medidas de flexibilización horaria e conciliación para residentes con menores de 12 anos a cargo e quen teña determinadas responsabilidades de coidado, garantindo o cumprimento íntegro do programa formativo. Mantense a prohibición de realizar a residencia a tempo parcial.
▪️ Retribucións: establécense porcentaxes mínimas (CCAA poden aumentalos) do complemento de grao sobre o soldo: 18% para R1 (antes era 0%), 28% para R2 (antes era 8%), 38% para o R3 (antes era 18%), 48% para R4 e 58% para o R5, sen prexuízo de porcentaxes superiores acordadas por servizos de saúde.
▪️ Garantía dun complemento retributivo en situacións de incapacidade temporal, nacemento, adopción ou acollida e coidado dun menor, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural, tomando como referencia, polo menos, as retribucións percibidas nos seis meses anteriores.
▪️ Medidas no ámbito da prevención de riscos psicosociais.
▪️ Entrada en vigor: os aspectos salariais entran en vigor o 1 de xaneiro de 2027, os aspectos sobre duración de xornada o 1 de setembro de 2027, os demáis o día seguinte da publicación no BOE.
We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy
Configure cookies
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.