Do 22 ao 24 de outubro tivo lugar a 103ª Reunión da EGPRN en Santiago de Compostela co tema “Continuum da atención ao cancro ao longo da vida” con ampla presenza de AGAMFEC.
A EGPRN (European General Practice Research Network) é una organización de médicos/as e outros profesionais da saúde interesados na investigación e a medicina familiar a nivel europeo.
Desde esta organización, ligada a WONCA Europa, foméntanse e cordínanse estudos multinacionais ao tempo que se intercambian experiencias e desenvólvese unha base científica para a práctica xeral. Resulta enriquecedora a posibilidade intercambiar experiencias con colegas doutros países ao mesmo tempo que colaboramos coa investigación local e internacional en medicina de familia.
Podes consultar os PROXECTOS ACTIVOS
Se queres saber máis ou colaborar escribe a secretaria@agamfec.com


