Familia

Esta publicación tamén está dispoñible en: Español (Spanish)

Consellos de Medicina de familia

Nesta sección ofrecémosvos unha selección de consellos de saúde en fichas descargables, elaboradas polos profesionais sanitarios vinculados a AGAMFEC/ semFYC . Esta información complementa, non substitúe, a ofrecida polos seus profesionais de referencia.

Pulsa sobre o título para abrir a ficha.

  • GUÍA PRÁCTICA DA SAÚDE
    Esta guía é unha das obras máis ambiciosas que pode crear un especialista en Medicina de Familia, e talvez un dos traballos máis difíciles porque se trata dunha obra con dous destinatarios complementarios. Por unha banda, vai dirixida a todas aquelas persoas que queiran saber un pouco máis sobre as enfermidades que lles afectan a eles ou ás súas familias ou amigos. Por outra, vai dirixida a todos os profesionais da saúde que desexen completar a información que dan en consulta aos seus pacientes. Por tanto, trátase dun traballo que une o rigor científico e a independencia que esixe calquera profesional da medicina coa claridade e a concisión necesarias para que a información que se proporcione sexa entendida por calquera persoa que nada teña que ver coa medicina.

    A Federación Andaluza de Asociacións de Persoas Xordas ( FAAS) levou a cabo, en colaboración coa semFYC, a adaptación á lingua de signos española unha serie de consellos médicos que aparecen na Guía práctica de saúde co obxectivo de que as persoas xordas teñan acceso a eles.

    A Guía foi traducida ao galego por a Irmandade Sanitaria Galega( ISAGA) en colaboracion coa AGAMFEC.

 

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies