PROGRAMA FORMATIVO AMF A TRAVÉS DO SERGAS

AMF, Actualización en Medicina de Familia, é o programa de formación a distancia de semFYC que ten como obxectivo proporcionar aos médicos e médicas de familia unha ferramenta de formación continuada deseñada e elaborada por especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, actualizando os coñecementos sobre diversas patoloxías e incorporando as últimas evidencias dispoñibles.

Mediante a colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a semFYC, podes subscribirte ao programa a través de ACIS. O persoal admitido (prazas limitadas) terá acceso ao portal electrónico de AMF www.amf-semfyc.com que dispón dun sistema de avaliación dos coñecementos adquiridos coa obtención dos créditos correspondentes.

Podes inscribirte ata o 4 de marzo no seguinte enlace:

Actividades-formativas-ACIS

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.