Obradoiros das XXVIII Xornadas AGAMFEC

Dende o Comité Organizador das XXVIII Xornadas AGAMFEC preparamos un programa amplo con sesións que esperamos sexan do voso interese, con mesas e debates ademáis de talleres máis prácticos e participativos con prazas limitadas.

Escolle os teus preferidos e lembra que as reservas de praza son por orde de inscrición:

  • Obradoiro 1. Ecografía pulmonar en Atención Primaria

  • Obradoiro 2. Xincana de urxencias

  • Obradoiro 3. Parto extramuros

  • Obradoiro 4. Dermatoscopia en AP; o esencial para detectar en tempo

  • Obradoiro 5. Facer ou non facer en dor crónica primaria

  • Obradoiro 6. Intelixencia Artificial: menos teoría e mais práctica

  • Obradoiro 7. Retinografía e checklist útiles na consulta de DM2: non esquezas nada

  • Obradoiro 8. Novas formas de infiltración articular tras a exploración de membro superior

  • Obradoiro 9. Escape Room: “…A mellor non vou”

  • Obradoiro 10. Incidente con múltiples vítimas

Animámosvos a participar activamente nestas Xornadas. A vosa presenza e contribucións son fundamentais para o éxito deste evento e para o continuo desenvolvemento da nosa especialidade, ademáis de ser unha excelente oportunidade para reconectar con colegas doutras áreas.

Máis info e inscricións na WEB das XXVIII Xornadas AGAMFEC

María Jesús Cerecedo

Presidenta do Comité Organizador das XXVIII Xornadas AGAMFEC

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.