AGAMFEC e a folga

AGAMFEC, a principal sociedade dos medicos/as de familia galegos, quere amosar ante a opinión pública o seu apoio ás mobilizacions pola Atencion Primaria (AP) que se estan a levar adiante. Énchenos de orgullo comprobar que despois de tantos anos de loita pola dignidade da AP vemos o relevo nas novas xeracions de medicas de familia. É un novo pulo as reclamacions, manifestacións e folgas pasadas protagonizadas, dende a creacion da especialidade, polos primeiros médicos de familia. Ver a coraxe das compañeiras pechadas no centro de saúde de Vigo merece todo o noso apoio e admiración.

A medicina de familia naceu con moitos atrancos e se graduou cun punto de rebeldía que agora recollen e amplían as novas médicos de familia. Con profesionais así de comprometidas a medicina de familia ten futuro e a consellería deberia telo en conta e deixarse de enquisas e grupos de traballo inútiles e arremangarse para tomar as medidas e o timón da atención primaria.

 

18 marzo 2026

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies