XXI XORNADAS DE MEDICINA DE FAMILIA DA AGAMFEC – AGAMFEC

XXI XORNADAS DE MEDICINA DE FAMILIA DA AGAMFEC

Tomando a temperatura á Atención Primaria

Amantes da Atención Primaria,
No mes dos magostos tedes unha cita en Ourense, a cidade das Burgas.
Falaremos de corazóns que se rompen, de pulmóns que non se enchen o suficiente, de radiografías que falan,
de alimentos que non sentan, de vidas que se apagan e nas que sempre hai lugar para un médico de familia. De
buscar ocos para investigar e de como facelo. Alguén con diabetes diranos o que esperaba de nós e quizais non
lle demos; e os médicos máis mozos, xa na súa madurez laboral, recordarannos como tiveron que buscarse a vida.
Haberá unha profunda reflexión sobre o futuro da nosa formación e unha intervención comunitaria.
Neste outono, queremos volver á orixe da nosa especialidade porque, ás veces, a historia non é ben coñecida e
continuamos a buscala. A nosa remóntase aos anos 70-80, cando houbo algúns médicos que un día decidiron con
outros colegas facer unha primaria diferente… e máis non podo falar. Ourense agárdavos.
Un afectuoso saúdo,
Mercedes A. Hernández Gómez
Presidenta do Comité Organizador

Síguenos/participa en twitter coa etiqueta: #agamfec2017

HORARIO DA SECRETARÍA
Venres, 17 de Novembro: 09:00 a 14:00 h. / 15:00 a 20:30 h. –Sábado, 18 de Novembro: 09:00 a 14:15 h. CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL -R/ Progreso 30. 32003 Ourense
————–

4 comentarios sobre “XXI XORNADAS DE MEDICINA DE FAMILIA DA AGAMFEC”

  1. Pingback: Ya está disponible el avance del programa de las XXI Xornadas AGAMFEC - AGAMFEC

  2. Pingback: Dispoñible o programa das XXI XORNADAS DE MEDICINA DE FAMILIA DA AGAMFEC e apertura do prazo de inscripcions - AGAMFEC

  3. Pingback: Conferencias Dr. Alexandre Kalache, 25/27 Setembro - AGAMFEC

  4. Pingback: Grabacion Foro La Región con Alexandre Kalache - AGAMFEC

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies