25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

25N – Reflexión dunha médica de familia sobre a violencia camuflada
Hai un ano saltaba á prensa un caso que chocaría França e o resto do mundo. O caso de Gisèle Pelicot, a muller que renunciou ao dereito a anonimato para transformarse na figura de concienciación sobre o uso da submisión química na violencia sexual na parella. Que importante ter referentes para dar voz ao que pasa a tantas. Que triste e valorosa ser a muller que decide facelo polo ben de todas.
Cando falamos de violencia de xénero, especialmente de violencia sexual, a maioría da xente pensa no atropelo do consentimento. As que nos dedicamos a acompañar ás mulleres continuamos resaltando que máis aló do consentimento precisamos poñer o foco no DESEXO. A triste realidade é que a maioría das mulleres nalgún momento da súa vida síntese na obriga de manter relacións sexuais co seu compañeiro por medo a non cumprir o seu papel na parella. Ao longo dos séculos foinos transmitido que as necesidades do noso compañeiro están por enriba do noso desexo. Aínda que o movemento feminista sexa hoxe ruidosamente reivindicativo seguimos vendo na nosa consulta e nos círculos nos cais nos relacionamos como mulleres de todas as idades teñen esta premisa queimada a ferro na cabeza e no corazón. Se os dados de violencia asustan sen ter isto en conta, como serían os dados se todas as mulleres entenderan que ter relación sexuais sen desexalo é violencia sexual? Abrir os ollos para a verdadeira realidade da violencia de xénero doe. Igualmente doe escoitar que cho conten as túas pacientes e máis doe escoitar as que son capaces de verbalizar que se dan conta que os seus compañeiros teñen relación sexuais con elas mentres están durmidas baixo efecto da medicación que lles pautamos nós para descansar. Non son poucas as que o verbalizan. Moitas normalizando a situación. Non podo imaxinar cantas non o din por non sabelo ou por non poder verbalizalo. Porque verbalizar é o primeiro paso para que algo pase a ser real. Nos cursos e faladoiros sempre pido coidado na prescrición de sedantes e hipnóticos, pensando nas mulleres en situación de risco vital. Hoxe tremo cada vez que unha muller pide medicación para durmir. A violencia sexual na parella é un problema actual moi grave e tristemente a violencia sexual aproveitando o uso habitual de sedantes e hipnóticos tamén.
As/os médicas/os de familia somos unha figura fundamental na identificación e acompañamento das mulleres en situación de violencia de xénero. Somos unha figura de confianza e temos o deber de protexer a vida e a saúde das mulleres da nosa comunidade.
Ser médica/médico de familia é construír unha relación coas persoas que pasan polas nosas consultas. É inevitabél e necesario. É a consecuencia de partillar tempo e espazo con alguén. Isto trae unha responsabilidade de escoitar e estar. É incríbel como a xente, cando confía en ti, cando se sinte protexida na túa consulta, é capaz de partillar contigo confesións que non era capaz de verbalizar antes, que non é capaz de partillar con ninguén máis. Cando decidimos ser este piar de apoio, unha/un mentora/mentor de resiliencia o peso emocional das vivencias das mulleres que acompañamos pode ser moi intenso. É importante entender que o noso traballo é identificar e acompañar, derivando aos recursos comunitarios máis adecuados para que cada muller poida ter aceso ás ferramentas adecuadas para percorrer o seu propio camiño. Reinvindico aquí a importancia de traballar coa xente da comunidade que tamén acompaña ás mulleres. En Galiza as traballadoras dos Centros de Información á Muller (CIM) son fundamentais para garantir apoio psicolóxico, legal e asistencial gratuìto alén de traballar coas mulleres na capacidade de identificar o que é violencia nas dinámicas de relación de parella. Persoalmente non sei o que faría sen o apoio das miñas compañeiras do CIM.
Abramos os ollos, escoitemos as mulleres da nosa comunidade e traballemos en equipo. É esencial hoxe máis que nunca.
Cátia Sofia Lages Jorge Timóteo
Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, Centro de Saúde de Boiro
Coordinadora Grupo de Traballo de Violencia De Xénero e Atención á Muller
Escribe a gruposdetraballo@agamfec.com se queres formar parte deste Grupo de traballo

2 comentarios sobre “25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”

  1. Bravo Catia👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼. Eres una mujer valiente como pocas he conocido y con una ética inquebrantable no me cabe la menor de las dudas. Eres empática, altruista y disfrutas tu profesión desde la pura vocación. En fin, eres humana. De esos pocos humanos que quedan en nuestra sociedad. La mayor parte de esta sociedad de hoy en día se ha deshumanizado.
    Ojalá que seamos muchas las que podamos leerte y sobre todo las que podamos entender tu mensaje y agarrar con fuerza esa mano que nos tiendes, ojalá podamos ser al menos la mitad de valientes que eres tú.
    Mil gracias. Eres un orgullo para las mujeres de cualquier inclinación ideológica, religiosa , sexual , de cualquier clase política, cultural, social. Tu has conseguido que entre todas nosotras no haya discrepancias ni dudas en relación a tu mensaje y nos has hecho un poco más humanas.

  2. Moitas grazas por esta reflexión compañeira.
    Teño que recoñecer que é unha dimensión do risco de maltrato que non adoito a ter en conta na consulta.
    Coincido contigo en que a relación de confianza que se establece na consulta da MAP cando hai unha continuidade e se traballa en crear espazos seguros pode facilitar que afloren cuestions tan dolorosas e indignas.
    Moito traballo por facer e afortunadamente moitas mulleres valentes tamén.
    Saúdos

Deixa una resposta a Ana Bello Cancelar resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies