Grupo de traballo de Infecciosas

Dende AGAMFEC queremos impulsar a reactivación do Grupo de Infecciosas da nosa sociedade científica. Este grupo, que no seu día desenrolou unha labor destacada na promoción do coñecemento, intercambio de experiencias e colaboración entre profesionais, encóntrase actualmente retomando a sua actividade con entusiasmo e baixo a coordinación de Beatriz Rodríguez.

As enfermIdades infecciosas continúan representando un reto clave na práctica asistencial, a investigación e a saúde pública. Por este motivo, consideramos fundamental volver a contar cun espazo de traballo compartido que facilite a actualización continua e a cooperación multidisciplinar.

O propósito é crear un espazo dinámico e participativo, donde se podan promover actividades formativas, elaborar documentos científicos, intercambiar experiencias e fortalecer a presenza da nosa sociedade neste ámbito.

Animamos a todos os socios e socias interesados a sumarse á recuperación do grupo. A vosa participación e entusiasmo serán esenciais para definir os obxectivos iniciais e marcar as líñas de traballo prioritarias. 

As persoas que desexen información deste proxecto poden contactar coa coordinadora de grupos de traballo, Alba Rodríguez a través do correo gruposdetraballo@agamfec.com

Entre todos podemos dar un novo impulso a este grupo e contribuir á mellora da práctica profesional en enfermidades infecciosas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.