XXIII Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria

0 110

Esta publicación tamén está dispoñible en: Español (Castelán)

 

Por primeira vez organízase en Vigo (e en Galicia) unha conferencia internacional de medicina de familia. Coa iniciativa da European Xeral Practice Research Network e o apoio da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) así como da Rede Española de Atención Primaria (REAP), terá lugar na nosa cidade, entre os días 17 e 20 de outubro.

Atoparémonos médicos, enfermeiras e outros profesionais, de diversas sociedades científicas, clínicas, profesoras, investigadores. Será a oportunidade de intercambiar coñecemento e experiencias; este ano, coa atención aos procesos comunitarios como tema priorizado de debate.

A Conferencia está fuertemente orientada á participación, con debates intensos, tranquilos e constructivos; cada persoa aporta o que sabe e xuntos avanzamos máis e mellor. Os ponentes de todas as mesas serán aqueles que envíen as mellores comunicacións e, como vén sendo habitual nas nosas reunións, haberá tempo para establecer as bases de futuros proxectos.

A reunión terá lugar en inglés, excepto dous talleres organizados por AGAMFEC e REAP. Para enviar abstracts, a data límite é o 15 de xullo. Toda a información está detallada en https://meeting.egprn.org/. Os socios de AGAMFEC terán condicions de inscripción similares aos membros de EGPRN. Para su aplicación, contactar previamente con [email protected] enviando o número de socio AGAMFEC.

Organizamos tamén unha actividade precongreso en promoción da saúde: dúas etapas do Camiño de Santiago pola costa, os días 15 e 16 de outubro.

Animarvos a participar. Para aqueles que teñen protocolo ou proxecto empezado e está dubidando si presentalo ou non, temos un programa de mentorización, contactando a [email protected]

Ata pronto!
Máis información en: www.agamfec.com/congreso-agamfec
O Comité Organizador

Deixa unha resposta

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies