Por unha Primaria Digna: Verdade, humildade e boa xestión.

0 121

Esta publicación tamén está dispoñible en: Español (Castelán)

A AGAMFEC, sociedade que representa preto de 1000 médicos de familia de Galicia, quere saír ao paso dos artigos, entrevistas e manifestacións que estes días asolagaron os medios e as redes sociais. Como sociedade científica de Atención Primaria estamos encantados de que por primeira vez en moitos anos esteamos na axenda dos partidos e organizacións sociais.

Queremos manifestar a nosa solidariedade e apoio cos nosos compañeiros de Vigo, que deron mostra de profesionalidade dando un golpe de efecto para poñer á vista os problemas de saturación e deterioración da Atención Primaria. Isto non é unha idea partidista é pura política sanitaria. Benvidos sexan todos os que apoien esa denuncia. Encantaríanos ver á nosa administración ao noso lado, pero en lugar disto dedícase a criticar e desprezar aos manifestantes que nos apoiaron e dicir que está politizada e se mobiliza tras unha gran mentira. Onde está a mentira? Na deterioración da Atención Primaria que agora queren corrixir? Por qué imos negar o apoio que desde calquera ámbito se nos brinde?

A nosa administración xa se equivoca na súa formulación: “Imos crear grupos de participación para acougar os ánimos dos médicos” Os médicos temos bo estado de ánimo e por iso queremos mellorar a Atención Primaria, se tratamos o síntoma e non a causa non imos conseguir nada. Os médicos estamos mobilizados pola situación de deterioración e sobresaturación nas consultas e non nos imos a conformar se non se soluciona o problema. Estamos a falar de dar un bo servizo á nosa comunidade, non se trata do noso confort.

Equivócase tamén o noso xerente do Sergas ao tratar de enfrontarnos á cidadanía. As prolongacións de xornada laboral máis aló do horario habitual asumindo axendas interminables, son medidas puntuais, pero non a solución. Os pacientes apoiáronnos en Vigo e foi emotivo oír os seus aplausos ao paso da manifestación, unha mágoa que se lles castigue, que se nos castigue, con críticas. Compete á administración buscar fórmulas que dean servizo de calidade e que sexan sustentables económica e humanamente.

Por suposto que, sendo o noso primeiro compromiso as persoas ás que atendemos, tamén estamos comprometidos coa nosa administración sexa do signo político que sexa, en contribuír a mellorar o noso nivel asistencial. Pero non é menos certo que despois de tantos anos de reunións e propostas, denuncias e solucións, somos moi escépticos nos resultados. Van formar novos grupos de traballo e en primeiro lugar o formato elixido, un salón de actos, é máis propio para escoitar e debater que para traballar en propostas serias.

Tennos desencantado particularmente a comparecencia dos nosos xestores en sede parlamentaria. Desde unha economista experta en economía da saúde ata o xefe de servizo da Estrada, estiveron a anos luz das penosas comparecencias dos nosos xestores máis preocupados en botar balóns fóra, culpabilizando aos médicos, cando non a salvar a cara despois de tan nefasta xestión das súas competencias. Se iso é, como declarou o presidente Feijóo, Humildade, Xestión e Verdade, imos ter moi poucas posibilidades de conseguir nada coa nosa participación neses grupos de traballo dos que excluíron a quen considera que non seguen á fronte das súas responsabilidades e que son quen dimitiu. Pero pola nosa banda, faremos todo o que estea nas nosas mans, incluído o noso lexítimo dereito á crítica.

Para máis información:

https://www.agamfec.com/contacte-con-agamfec/

Deixa unha resposta

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies