Moitas grazas pola vosa participación!

As XXVII Xornadas de AGAMFEC foron un éxito grazas á participación activa de todos os involucrados. Queremos agradecer especialmente ao Comité Científico polo seu traballo incansábel na selección e organización dos contidos, asegurando a calidade académica das sesións. Tamén agradecemos ao Concello de Lugo e ao Vello Cárcere polo seu apoio institucional, que foi fundamental para o éxito do evento. Os relatores e os asistentes, co seu interese e participación activa, enriqueceron as nosas discusións e debates, e ao Comité Organizador polo seu esforzo constante.

Concluímos estes intensos días coa esperanza de que sigan sendo un espazo “Alén da consulta”; un punto de encontro onde podamos seguir sumando perspectivas e aprendizaxes xa que as vosas ideas, experiencias e entusiasmo son o motor que impulsa este evento.

 

Noemí López Rey
Presidenta do Comité Organizador
das XXVII Xornadas AGAMFEC

17 de marzo de 2025

 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.