O Sergas plantexa no acordo de xestión (ADX) incluir como obxectivo para os médicos de familia galegos a diminución da duración das baixas e será incentivado económicamemte para os “cumplidores”.
A AGAMFEC, principal asociación dos médicos/as de familia de Galiza, quere amosar neste comunicado o seu rexeitamento a unha medida tan burda.
Non nos cabe dúbida que a xestión das baixas é manifestamente mellorable pero, coma sempre, os médicos de familia seremos os que pagaremos os fallos de todo o sistema. Si existen atrancos no acceso os especialistas hospitalarios (cando non imposibilidade por negativa a atendelos), cando hai listas de espera interminables para probas ou directamente imposibilidade de acceso polos médicos de familia, cando as axendas estiranse por falta de cobertura das vacantes, resulta que a responsabilidade de todo este fallo sistémico recaerá sobre os sobrecargados lombos dos médicos de familia.
Contradícese esto co intento, fallido por outra banda, de que os especialistas hospitalarios colaboren na emision das baixas dos doentes que ingresan no seu servicio, volvendo a poñer negro sobre branco que o único responsable das baixas é o médico de familia. Ademais o indicador bruto de duración das baixas non discrimina axeitadamente as posibles duracions inadecuadas. Debería facerse un estudo mais fino e implicar a tódolos integrantes do sistema asistencial implicados no seguimento das baixas, incluídas as unidades de riscos laborais para conseguir unha axeitada xestíón das mesmas.
Este tipo de indicadores brutos o que veñen a poñer de relevo é o orixen da preocupación polas baixas: estáse a poñer mais fincapé no problema económico (gasto da seguridade social, falta de productividade das empresas) que na saúde dos nosos cidadans que debería ser, este sí, o obxectivo do sistema sanitario do que parece esquecerse o Sergas.
21/05/2026


Coma sempre certeira e necesaria a vosa postura. Grazas❤️
Totalmente de acuerdo .soy un médico de familia con más de veinte años de ejercicio
Mexan por nós e din que chove