Día Internacional das Persoas Maiores 2019

0 78

Esta publicación tamén está dispoñible en: Español (Castelán)

“Viaxe cara á igualdade de idade” Día Internacional das Persoas Maiores 2019.
Cada 1 de outubro, desde que a Organización de Nacións Unidas o instituiu en 1990, recoñécese
a súa contribución ao desenvolvemento humano e económico da sociedade. O obxectivo é
reivindicar os dereitos e recoñecer o rol que desempeñan na familia, a comunidade e a
sociedade as persoas maiores.
Para conseguir o obxectivo de desenvolvemento sostible acorde coa maior esperanza de vida da
humanidade é fundamental non deixar a ninguén atrás, incluír todas as idades e aproveitar o
potencial das persoas maiores que nos rodean, sen desmerecelas. Sirva este día para
concienciarnos sobre a discriminación e os estereotipos negativos que sofren polo simple feito
de ter idade, que levan á marxinación, ós malos tratos, ó abandono e á invisibilidade cuxo
máximo expoñente é a soedade dos maiores.
É fundamental que as persoas maiores estean incluídas en todas as esferas de desenvolvemento
da sociedade; isto implica a promoción da súa participación activa na vida social, económica e
política, como forma de garantir a súa inclusión e reducir as desigualdades presentes e previr as
do futuro.
Desde o grupo Salubrízate, cuxa finalidade é dar visibilidade aos nosos maiores e conseguir
cidades saudables para todas as idades, máis aló das consultas sanitarias, convidámosvos a
reflexionar sobre desigualdades por idade existentes na vosa contorna inmediata e que son e
serán máis acentuadas en determinados grupos como mulleres, persoas con escasa cultura,
problemas económicos e sociais. Desde o grupo queremos destacar:

  • As persoas maiores temos identidade. Non decidan por nós.
  • As persoas maiores temos responsabilidades cara a nós mesmas e cos demais.
  • As persoas maiores temos dereitos á igualdade, a ser coidados, á dignidade, á participación cidadá, a non ser excluídos, á cultura, á seguridade e non violencia, ao deporte, á saúde, a vivenda.
  • As persoas maiores temos voz, e podemos gritar para que se oia.

Convidámosvos a participar e colaborar connosco en calquera das nosas actividades, a recuperar
os valores que dá a vida co paso dos anos e a converter a vosa contorna en algo vivo. Para quen
son maiores e se senten sós, para quen o está e para quen ademais están illados por barreiras
físicas, animámosvos a dar a cara, a levantar a man e a voz para que deixedes de ser invisibles.

Deixa unha resposta

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies