Descubre as XXVI Xornadas AGAMFEC

 

Este 29 e 30 de setembro, descubre na marabillosa cidade de Vigo, unhas novas Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria

Coa túa inscrición, poderás participar en obradoiros tan interesantes como os seguintes ( consulta o programa para máis información)

  • Suicidio
  • Adolescencia
  • Risco Cardiovascular
  • Violencia de Xénero
  • Comunicación de Malas Noticias
  • Ecografía pulmonar
  • Arritmias

E informarte e debatir en mesas, como as seguintes:

Bioética: vulnerabilidade no ancián, con María José González Estévez, Flora Miranda Pena e Alfredo Valdés Paredes

Situación da Medicina Familiar e Comunitaria: Condicións Laborais e Recursos Humanos: con José Flores Arias, Xerente do SERGAS; Carlos Eirea Eiras, Médico de Familia Carmen García de Casasola Rodríguez, MIR 3 MFeC

Papel da Medicina Familiar e Comunitaria na Universidade, con Verónica Casado Vicente, Presidenta de AMFE, Francisco Gude, profesor da USC e Miguel Valverde Nieto, residente de Medicina Familiar e Comunitaria

 

Por suposto teremos as activiades máis senlleiras de AGAMFEC: a nosa Habilifeira ( desta volta con perspectiva comunitaria e unha Escape Room organizada polo grupo de Inequidades en Saúde: “Se Tudor levantase a cabeza

E, ecorda que ata o 21 de AGOSTO podes envíar o resumo da túa comunicación para presentar nas XXVI Xornadas AGAMFEC: Exerzamos como galegos!

 

 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.