DEBATE ABERTO PARA UN MODELO GALEGO DE ATENCIÓN PRIMARIA

Convidámosche a que enchas e compartas este formulario para definir o novo modelo:

Pulsa aqui para ENCHER FORMULARIO

No ano 1985 iníciase, seguindo o ronsel de Alma-Ata, a chamada Reforma da Atención Primaria. Postulábase entón un novo modelo, cunha intensa motivación profesional e unha gran ilusión social. Pronto se viu condicionada pola lentitude no cambio, a convivencia durante moitos anos con antigas estruturas e a aparición de novos os modelos de xestión centrados na atención hospitalaria. O resultado foi o seu progresivo afastamento dos postulados iniciais.
En outubro de 2018, celebrouse unha nova conferencia en Astaná, na que se reafirman os compromisos expresados na ambiciosa e visionaria Declaración de Alma-Ata de 1978. Os gobernos e organizacións presentes están convencidos de que o fortalecemento da Atención Primaria é o enfoque máis inclusivo, eficaz e efectivo para a mellora da saúde, e é a pedra angular dun sistema de saúde sustentable para a cobertura sanitaria universal. Un sistema no que a saúde dos individuos non se separa da saúde das sociedades e os valores que sustentan esas sociedades.

Que pasaba nas consultas? Dous compoñentes marcan agora a atención do día a día: a situación demográfica de Galicia e o aumento da cronicidade. Non só pacientes crónicos, son tamén cada vez máis complexos, en todas as idades da vida. Dende nenos con enfermidades raras a persoas maiores que viven soas, con múltiples patoloxías, con diversos contextos sociais, económicos e culturais, nais maiores e avoas novas. Non só pacientes, son persoas que viven en comunidades múltiples: barrios, parroquias, redes, asociacións, bandas de música ou equipos deportivos.

Mentres, o financiamento de atención primaria foise comprimindo porcentualmente, pola crise e pola integración en áreas supostamente de saúde. Deterioráronse centros de saúde e/ou equipos e, sobre todo, reduciuse o número de profesionais por xubilacións ou por contratos non competitivos con outras comunidades autónomas ou países. Os maiores xubílanse e os mozos emigran onde ofrécenlles mellores condicións laborais e económicas.

As consecuencias están na prensa: Os profesionais sanitarios mobilizáronse porque saben facer ben o seu traballo e queren facelo ben. Porque queren o tempo e a tranquilidade para atender á persoa que veu a consultarlles.

Dende AGAMFEC cremos que chegou o momento de facer cambios radicais. Queremos debater, de forma aberta, colaborativa, con profesionais e cidadáns, as bases dun Modelo Galego de Atención Primaria, con tres eixos:
• Enfocar a atención hacia a complexidade e os procesos comunitarios.
• Reestruturar a organización, profesionais, comunicación e competencias.
• Financiar atención primaria de forma completa, suficiente, independente e autoxestionada.

Este documento elaborouse incorporando as reflexións dos profesionais nestes intensos días, pero non é o fin do debate senón o principio. Presentamos unha folla de ruta, conscientes de que só o consenso permitirá deseñar e implantar un modelo de Galicia para Galicia.

1 comentario sobre “DEBATE ABERTO PARA UN MODELO GALEGO DE ATENCIÓN PRIMARIA”

  1. Maria Jesus Neira Vázque

    Primero, dejad a los PAC tranquilos, hay gente que quiere desarrollar su carrera en ellos el que quiera pasar a consulta tiene muchas formas de hacerlo.
    El horario es el adecuado. Y volver a las consultas con guardias me parece un atraso.
    La autogestión es un timo, y no desarrolla la equidad entre los distintos centros, especialmente entre rural y lo urbano,
    Los sitios en los que está implantado como áreas de gestión están deseando revertirlo.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.