CURSO SVI EDICIÓN PONTEVEDRA 2018

Persoal de medicina de Atención Primaria pertencente a Área Sanitaria de Vigo e Pontevedra asistiu xunto con diferentes residentes de medicina Familiar e Comunitaria ao curso de Soporte Vital Inmediato celebrado no Hospital de Montecelo en Pontevedra.

O alumnado puido formarse e actualizar conceptos relacionados con Soporte Vital Básico e Avanzado durante a realización de diferentes obradoiros. Entre os que destacaron a RCP de alta calidade con dispositivos electrónicos de feed-back, o manexo da vía aerea con diferentes técnicas e dispositivos e manexo de diferentes tipos de arritmias.

O alumnado asistente puido por en práctica todo o aprendido mediante a resolución de diferentes casos clínicos durante as diferentes prácticas integradas onde destacaron a súa satisfación pola formación e a adaptación as súas necesidades do seu traballo diario.

 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.