CURSO SVB E DEA EDICIÓN MARÍN 2018

0 8

Esta publicación tamén está dispoñible en: Español (Spanish)

Intensa fin de semana para o grupo de urxencias da Agamfec, no que impartiron dúas edicións, curso de Soporte Vital Básico e Manexo de Desfibriladores Externos Semiautomáticos enmarcado no “Programa ESVAP” (Programa de Ensino de Soporte Vital en Atención Primaria).

Estás formacións foron dirixidas ao colectivo da Asociación de Socorristas Profesionais do Morrazo (ASPOM) e contaban coa colaboración do Concello de Marín e o patrocinio de Ence.

Un grupo de 16 socorristas acuáticos puideron practicar técnicas de resucitación cardiopulmonar básica sde alta calidade, manexo de desfibriladores semiautomáticos e uso de instrumental básico para a ventilación manual.

O alumnado asistente amosou unha altísima implicación, consciente da enorme responsabilidade que supón traballar nas praias de Galicia. Sendo ,no 2018, o territorio de España con maior número de afogados despois de Canarias.

 

Deixa unha resposta

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies