Atención Primaria en folga

O 27 e 28 de Novembro vivimos unha folga de médicas e médicos de Atención Primaria, a segunda das convocadas ( a terceira se contamos a convocada na área de Vigo)

Pese ao baile nas cifras de seguemento ( véxase por exemplo aquí e aqui) a realidade é que a repercusión foi inmensa, tanto en medios de comunicación ( véxase para mostra esta editorial de El Pais Médicos agotados), na innumerable cantidade de concentracións e mobilizacións que se levaron a cabo estes dous días ( podedes ver algunhas aquí e aqui) e nas imaxes dos centros baleiros.

Queda claro que a Atención Primaria está ao borde do seu aguante, que está mobilizada e que forma parte da axenda política

O que nos depara o futuro o tempo o dirá, mentras tanto dende AGAMFEC traballamos e seguiremos traballando por mellorar a calidade da Atención Primaria e da medicina de familia e as súas profesionais, co obxetivo de dar resposta ás necesidades de Saúde dos cidadáns.

Caminante no hay camino, se hace camino al andar

Antonio Machado

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.