App Saúde Móbil

Tal e como a define, o propio SERGAS:

Saúde Móbil é unha aplicación do Servizo Galego de Saúde (Sergas) coa que se pretende establecer unha nova canle de comunicación cos cidadáns.

O obxectivo desta aplicación é mostrar o catálogo de apps e e-servizos sanitarios que ofrece o Sergas na rede, así como permitir participar nas redes sociais e acceder ás últimas noticias.

Pero non esperes dela mais que iso, un catalogo, con ligazóns ás paginas das distintas apps e servizos. Esta dispoñible tanto en galego como en castelán, coas seguintes funcionalidades:

  • Acceso directo á versión móbil da aplicación de É-SAúde
  • Acceso directo á versión móbil da aplicación de Cita Atención Primaria
  • Acceso directo á versión móbil do servizo Contacte
  • Acceso ao catálogo de aplicacións móbiles do Servizo Galego de Saúde
  • Acceso á listaxe de últimas noticias publicadas polo Servizo Galego de Saúde
  • Acceso á listaxe das redes sociais dos diferentes organismos/estamentos dependentes do Servizo Galego de Saúde. Ofrécese información e acceso directa ás diferentes canles que teñen dispoñibles.
  • Consulta das mensaxes enviadas para comunicar aos usuarios novidades, avisos, etc.

A continuación as ligazóns de descarga:

 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.