Comunicado conxunto sociedades científicas galegas

Tras as reunións convocada pola Consellería de Sanidade na primeira semana de novembro, na que se expuxo a grave situación actual da Atención Primaria en Galicia, cunha crise estrutural que compromete a cobertura asistencial nos próximos meses, e se presentaron diversas propostas para mitigar os seus efectos, desde as distintas sociedades científicas de medicina de familia de Galicia (SEMG, SEMERGEN, AGAMFEC-SEMFYC) queremos manifestar:

 

 

  1. Necesidade de consenso e planificación realista

Calquera reforma estrutural no ámbito da Atención Primaria debe sustentarse sobre o diálogo, o consenso e a planificación compartida centrada nas necesidades reais da poboación galega.

 

  1. Sobre a creación de novas categorías profesionais

A creación de novas categorías profesionais, como a de Facultativo Especialista de Atención Primaria (FEAP), só xerou agravios comparativos e non contribuíu de maneira efectiva a resolver os problemas estruturais de cobertura nin a mellorar a calidade asistencial. Urxe reorientar os esforzos cara a solucións que fortalezan a cohesión do sistema e recoñezan adecuadamente o valor da Medicina de Familia. Por tanto, as sociedades científicas de AP estamos en contra da creación dunha nova categoría profesional e solicitamos  que se retire dita proposta de forma oficial.

 

  1. Formación e garantía de calidade

Só existe un itinerario formativo que garante a calidade asistencial, a seguridade do paciente e a competencia profesional: a formación MIR. Calquera vía alternativa debe ser rexeitada por non ofrecer os mesmos estándares de capacitación nin as garantías esixibles nun sistema público de calidade. Os médicos de familia non temos por que pagar as consecuencias dunha mala planificación e as UU.DD. e os titores non se van a prestar a ningunha actividade que non sexa o programa MIR oficial.

 

  1. Voluntariedade, non imposición

Deberán primar sempre os principios de voluntariedade, transparencia e recoñecemento profesional, evitando fórmulas baseadas na obrigatoriedade ou a sobrecarga dos equipos actuais. A fidelización, a motivación e a mellora dascondicións de laborais son as vías máis efectivas para reforzar o sistema e atraer talento.

 

Desde a Sociedades científicas reiteramos a plena disposición ao diálogo e  o noso compromiso cun sistema sanitario público de calidade, humano e sostible. A nosa prioridade seguirá sendo garantir que cada paciente, en cada centro de saúde de Galicia sexa urbano ou rural, reciba unha atención sanitaria en condicións de equidade, calquera medida que atente contra a lonxitudinalidade, accesibilidade e equidade rexeitámola de plano. A Conselleria ten competencias para a organización dos recursos para adaptalos ás exixencias actuais sen  prexudicar aos profesionais.

 

1 comentario sobre “Comunicado conxunto sociedades científicas galegas”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies