Este 08 de marzo desde o GdT de Violencia de Xénero e Atención á Muller de AGAMFeC reivindicamos unha vez máis os dereitos das mulleres nun mundo que continua sendo profundamente machista e no cal as mulleres continúan a loitar todos os días para ser donas dos seus corpos, da súa saúde e das súas vidas.
Cando coidarte é facer determinados tratamentos o rutinas para caber dentro dos patróns establecidos pola presión estética, cando criar as túas criaturas ou os teus familiares se fai dentro de un modelo de parentalidade e familia que non só sobrecarga ás mulleres física e mentalmente mais tamén as illa das outras mulleres e da comunidade, cando as etapas do teu ciclo son tratadas como enfermidade para a cal no faltan tratamentos e suplementos, cando vivir con dor incapacítante está completamente normalizado, cando a pornografía é a base da educación sexual da nosa sociedade e normaliza dinámicas de relacionarse violentas e machistas, cando desde a medicina a obesidade continúa a ser abordada desde a gordofobia, o difícil é non presentar un malestar que che afecte emocional, psicolóxica e fisicamente. Cando o sistema non permite que a/o túa/teu médica/médico de familia teña o tempo mínimo necesario para escoitarte e acompañarte como precisas caemos tristemente na medicalización e sobretratamiento de problemas cuxas solucións son políticas sociais de verdade.
Hoxe pedimos ás/aos compañeiras/os médicas/os de familia que recorden que o seu superpoder non é só acompañar. É ser voz daquelas/es que en nós confían e con nós comparten os seus malestares. Pedimos escoitar antes de sobretratar e pedimos ser voz e continuar a reivindicar ferramentas para proporcionar unha atención adecuada ás nosas pacientes e ser voz para que poidamos mudar as condicións sociais e culturais que fomentan un deterioro da saúde e da vida das mulleres que pasan polas nosas consultas.
Que o 08 de marzo sexa un día de loita na rúa ou na consulta e que nos inspire para continuar esa loita todos os días do ano.
Cátia Sofia Lages Jorge Timóteo
Médica de Familia do CS Boiro, A Coruña
Coordinadora do GdT de Violencia de Xénero e Atención á Muller de AGAMFeC

