2026

Curso: Códigos de emerxencias sanitarias do SERGAS

Aberto o prazo de inscrición nun novo Curso: Códigos de emerxencias sanitarias do SERGAS o luns 4 de maio na Aula CSIS do Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela en horario de 16:30h a 20:30h (en total 4 horas formativas). A atención ás patoloxías tempo-dependentes é un pilar fundamental na urxencia extrahospitalaria e hospitalaria. …

Curso: Códigos de emerxencias sanitarias do SERGAS Ler máis »

Obradoiros das XXVIII Xornadas AGAMFEC

Dende o Comité Organizador das XXVIII Xornadas AGAMFEC preparamos un programa amplo con sesións que esperamos sexan do voso interese, con mesas e debates ademáis de talleres máis prácticos e participativos con prazas limitadas. Escolle os teus preferidos e lembra que as reservas de praza son por orde de inscrición: Obradoiro 1. Ecografía pulmonar en …

Obradoiros das XXVIII Xornadas AGAMFEC Ler máis »

Proxecto iNTERVENE. Mellorar a supervivencia do cancro

O proxecto iNTERVENE, no que participa o SERGAS e o Grupo de Investigación I-Saúde en atención primaria do IIS Galicia Sur, liderando o WP2 sobre o estado actual e deficiencias na xeración da base de datos de alfabetización; puxo en marcha un estudo Delphi para identificar prioridades clave para mellorar a alfabetización dixital en saúde …

Proxecto iNTERVENE. Mellorar a supervivencia do cancro Ler máis »

Grazas pola vosa participación no Taller de Ecografía en Urxencias

O sábado 7 de marzo de 2026 no Centro de Saúde de Concepción Arenal con horario de 09:30-13:30h, Ramón Veras Castro, Jesús Caeiro Castelo, Ariel García-Bango Sosa e Eva García López, integrantes do Grupo de Traballo de Ecografía de AGAMFEC, realizaron o curso “TALLER DE ECOGRAFÍA EN URXENCIAS” dirixido a residentes e médicos de Medicina …

Grazas pola vosa participación no Taller de Ecografía en Urxencias Ler máis »

Axudas para a relización de teses doutorais “Isabel Fernández” 2026

A Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria (semFYC), a través da súa Sección de Investigación, CONVOCA 6 AXUDAS para a realización de teses doutorais. Participantes: Poderán optar a estas axudas todas as persoas que sexan profesionais en activo da saúde dentro do ámbito da Medicina Familiar e Comunitaria e estean asociadas á semFYC. …

Axudas para a relización de teses doutorais “Isabel Fernández” 2026 Ler máis »

INSCRICIÓNS XXVIII XORNADAS AGAMFEC

Está aberto o prazo de inscricións ás XXVIII Xornadas AGAMFEC “O desafío de seguir coidando” que se celebrarán os días 29 e 30 de maio no Reitorado da UDC (A Coruña). Coa finalidade de actualizar coñecementos, mellorar as nosas habilidades e achegarnos ás novas realidades sociais que atendemos na consulta a diario, contaremos con obradoiros …

INSCRICIÓNS XXVIII XORNADAS AGAMFEC Ler máis »

Subscrición Programa formativo AMF 2026

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde están a ofrecer, a través de ACIS, subscricións gratuítas ao Programa de Formación AMF, un programa de formación online deseñado por semFYC e elaborado por médicos/as de familia de todo o país, cunha orientación práctica e rigorosa. Unha oportunidade formativa para manter actualizadas as nosas …

Subscrición Programa formativo AMF 2026 Ler máis »

Aberto prazo de envío de Comunicacións ás XXVIII XORNADAS AGAMFeC

Aberto o prazo de envío de comunicacións ás XXVIII Xornadas AGAMFEC de 29 e 30 de maio de 2026 (A Coruña), este prazo permanecerá aberto ata o día 19 de abril. Podes enviar o teu traballo nos seguintes apartados: → Resultados de Investigación → Proxectos de investigación → Comunicación de experiencias de interese (comunitarias, docentes…) …

Aberto prazo de envío de Comunicacións ás XXVIII XORNADAS AGAMFeC Ler máis »

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies