Facultade de Medicina de la USC

Agamfec denuncia “tratos de favor” na adxudicación de postos da USC

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec), que forma parte federada da Sociedad Española de Medicina Familiar y Comunitaria (semFYC), asiste con preocupación ás novas que chegan dende a Facultade de Medicina. O pasado mes de novembro convocouse unha praza de profesor asociado de Medicina de Familia, cuxa adxudicación se fai mediante concurso público, e Agamfec soubo que este posto, contra o criterio do propio departamento, está financiada por unha sociedade científica de Atención Primaria. Malia que a Asociación considera que apostar por isto pode non ser malo nun inicio, pon en dúbida o criterio de imparcialidade á hora de outorgar dita praza.