Grazas pola vosa participación no Taller de Ecografía en Urxencias

O sábado 7 de marzo de 2026 no Centro de Saúde de Concepción Arenal con horario de 09:30-13:30h, Ramón Veras Castro, Jesús Caeiro Castelo, Ariel García-Bango Sosa e Eva García López, integrantes do Grupo de Traballo de Ecografía de AGAMFEC, realizaron o curso “TALLER DE ECOGRAFÍA EN URXENCIAS” dirixido a residentes e médicos de Medicina Familiar e Comunitaria e recoñecido como Acto de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade.

O curso dividiuse en dúas partes:

TEORÍA (1 hora): Repasáronse os principios básicos físicos da ecografía.

Explicouse o protocolo E-FAST (Extended Focused Assessment With Sonography for Trauma) de cara ao manexo diagnóstico inicial do paciente con trauma grave, incluído unhas notas sobre ecografía pulmonar.

Revisáronse as patoloxías que cursan con dor abdominal: a patoloxía biliar centrándose na colecistite; a patoloxía renal centrándose en descartar hidronefrose e globo vesical principalmente, e repasando a nefrolitiase; e a patoloxía aórtica para descartar o aneurisma de aorta.

Por último, explicouse a técnica de diagnose a través da ecografía doppler de membros inferiores da enfermidade tromboembólica venosa profunda.

Todo elo con imaxes e vídeos reais para facilitar a comprensión da teoría e para dar conta das utilidades clínicas da ecografía clínica no ámbito da atención en Urxencias.

PRÁCTICA (3 horas): O resto de tempo dedicouse a practicar cos distintos ecógrafos, dividiuse ao alumnado en catro grupos reducidos. Grazas a existencia de modelos reais, os alumnos puideron mellorar as súas habilidades en ecografía aproximando esta práctica á atención dos pacientes da vida real. En primeiro lugar, fíxose unha demostración rápida de todo o explicado na teoría e logo un a un foron practicando os distintos procedementos no que restou de curso, tendo sempre como guía aos docentes para calquera dúbida.

A resposta pareceu ser moi satisfactoria por parte dos asistentes quedando reflectida no ambiente de participación e a aprendizaxe durante a parte práctica. Agradecendo eles mesmos aos docentes a utilidade do curso.

 

1 comentario sobre “Grazas pola vosa participación no Taller de Ecografía en Urxencias”

  1. Ana do Muiño Mendez

    Moitas grazas polo taller. Ao ser principalmente práctico, pasóuseme moi rápido a mañá e penso que é moi útil para o noso traballo de AP.

Deixa una resposta a Ana do Muiño Mendez Cancelar resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies