REFERENTES AGAMFEC

Consideramos aos grupos de traballo o principal activo da nosa sociedade científica. Potencian o desenvolvemento científico, desenvolven a investigación e formación e permiten seguir avanzando á medicina de familia e á sociedade. Como médicas e médicos de familia, e como integrantes de equipos de Atención Primaria, entendemos que os grupos son importantes, o máis importante. Porén, hai individuos que pola súa especial relevancia nun eido específico, ou pola súa importante contribución nesa parcela da medicina familiar e comunitaria, merecen un lugar especial dentro de AGAMFEC.

Son os nosos REFERENTES AGAMFEC…

María Jesús Cerecedo Pérez

Referente Saúde Mental

Especialista en Medicina familiar y Comunitaria.

Centro de traballo: Centro de Saude Cambre- A Coruña

Miembro del GDT de Salud Mental Semfyc

Apolinar Álvarez Mazariegos

Referente Intervención en Drogas

Isabel Barrio Díez

Referente Utilización de fármacos

Ana María Bello Souto

Referente de Dor Persistente

María Garrido Contreras

Referente LGTBIQ+

Isabella Kennedy

Referente LGTBIQ+

Carmen Fernández Merino

Referente neuroloxía

Emiliano Fernández-Obanza Windscheid

Referente Cardioloxía

Coro Sánchez Hernández

Referente Vacinas

Os REFERENTES AGAMFEC rexeranse pola Normativa Xeral dos Grupos de Traballo, cos mesmas normas de constitución, obxectivos e actividades no seu ámbito de actuación, en ningún caso en substitución dos mesmos. No caso de crearse un grupo de traballo dentro deste ámbito particular, o REFERENTE encadrarase no mesmo.

Se tes algunha dúbida, queres propor un REFERENTE ou contactar con algún deles, escríbenos a gruposdetraballo@agamfec.com