Paseos saudables con píldoras formativas

O grupo PACAP (Programa de Actividades Comunitarias de AP) comenzou hai meses a súa andaina na AGAMFEC e AGEFEC de xeito conxunto. Celebráronse varias reunións sobre as liñas de traballo e accións de campo na cidade de Vigo e arredores.

A pasada semana celebrouse o primero dos “Paseos saudables con píldoras formativas”. Consistíu nuha andaina polo barrio de Bouzas na que se presciribiron píldoras formativas. Tratáronse temas como as vantaxes de camiñar, a importancia do quecemento e a volta a calma, a hidratación no exercicio, e o rematar practicáronse exercicios de estiramentos.

A semán previa celebrouse unha charla sobre “Exercicio físico e saúde” no centro socio-comunitario de Pi i Margal de Vigo.

O próximo día 29 de novembro as 17 horas celebrarase unha segunda andaina en Bouzas.

Agardamosvos!

 

 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.