25 de Novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Como axentes da saúde a nosa función é a atención, o coidado e promoción da saúde da nosa poboación.

Cal é a nosa función coas 600000 mulleres maltratadas cada ano en España? Sabemos que acoden á nosa consulta pola afectación na súa saúde.

Como reaccionamos ante a noticia das 60 mulleres asasinadas o ano?  Puidemos detectar o risco? Descubrimos os sinais de alarma? O 90% das mulleres que sufriron unha agresión física acoden á nosa consulta durante o primeiro ano da agresión.

Todas e todos como profesionais da saúde temos un compromiso, ante elas e ante os seus fillos e fillas. Precísase unha resposta ante a violencia machista, cun cribado universal en saúde, implicación na prevención, na detección precoz e na atención ás víctimas.

Axudar á muller invisible nun pacto coa igualdade.

“Ella no decía nada. Le gustaba que él dijera cosas, pero ella callaba .Solo sus manos y sus ojos hablaban y eso bastaba”. Mario Benedetti.

 

Rosana Izquierdo Fernández
Médica de familia. Coordinadora do Grupo de Violencia de Xénero da AGAMFEC.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.