¿Coñeces SIGUE?: SISTEMA INTELIXENTE DE XEOLOCALIZACIÓN DE USUARIOS EN EDIFICIOS

¿Que é?

SIGUE é unha aplicación móbil que facilita a interacción dos pacientes e familiares cos edificios sanitarios, tanto no interior coma no exterior dos mesmos.

¿Para que serve?

Entre outras accións, permite:
– A localización de centros de saúde e hospitais mailo guiado ata eles.
– A localización de consultas e outros servizos no interior de centros de saúde e hospitais mailo guiado ata eles.
– A consulta das citas médicas que requiran acudir a un centro de saúde ou hospital.
– A obtención de quendas para a cita médica do día, unha vez que o usuario se atope no hospital correspondente.
– Compartir a posición con outros usuarios da aplicación para facilitar un punto de encontro.

Podes descargala tanto no App Store  como no Google play

 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.