FICHAS INFORMATIVAS SOBRE O RISCO DOS MEDICAMENTOS NO EMBARAZO

Este documento  pretende ser unha ferramenta que permita transmitirlles aos profesionais información actualizada e baseada no mellor coñecemento científico dispoñible sobre o uso dos medicamentos na xestación. As fichas informativas sobre o risco dos medicamentos no embarazo, constitúen unha iniciativa para axuda na toma de decisións e baséanse nos fármacos incluídos nas consultas recibidas no servizo de información sobre teratóxenos. Os seus obxectivos principais son:

  • Mellorar, mediante a información, a calidade da atención ás mulleres.
  • Previr a aparición de defectos conxénitos asociados a exposicións de risco.
  • Facilitarlles aos profesionais da saúde e ás mulleres a toma de decisións.

O proxecto nace coa idea de ser unha publicación que se actualizará a medida que se dispoña de novos datos ao respecto sobre cada un dos fármacos avaliados e se vaian recibindo solicitudes de valoración do risco teratoxénico de medicamentos distintos aos publicados.

DESCARGAR DOCUMENTO

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.