Dende o grupo de traballo PACAP de AGAMFEC (Programa de Actividades Comunitarias en Atención Primaria) queremos animarvos a asistir á nosa Xornada de saúde comunitaria: “Comunitaria sen escusas” o día 3 de Outubro no Edificio Sociocultural de Lalín.
A xornada versará sobre ferramentas de Investigación-Acción Participativa (IAP), empezando cunha introdución común mediante unha dinámica de tertulia-café, para proceder despois aos talleres, dos cales se terán que escoller dous, un en cada tramo horario dispoñible:
Obradoiro 1: Ferramenta Evalguía
Obradoiro 2: Escape room
Obradoiro 3: Sociodrama
Pecharemos a mañá cun mapa de emocións e daremos paso ás actividades da tarde, que son opcionais.
Nos Encontros e Xornadas do PACAP buscamos compartir coñecemento práctico e teórico sobre saúde comunitaria. As nosas metas principais son promover a participación cidadá, impulsar o traballo en rede entre diferentes profesionais da saúde e difundir ferramentas metodolóxicas de intervención comunitaria.
Esperámosvos!
Actividade recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. Expediente núm: SA301A 2026/11-5
We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy
Configure cookies
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.