Mapa Dispoñible
Información das datas
03/10/2026
9:45 a.m. - 6:00 p.m.
Sede de celebración
Edificio Sociocultural de Lalín
Na/s categoría/s

Comunitaria sen escusas. Xornada de saúde comunitaria AGAMFEC
Organizada polo grupo de traballo PACAP de AGAMFEC (Programa de Actividades Comunitarias en Atención Primaria), a xornada versará sobre ferramentas de Investigación-Acción Participativa (IAP), empezando cunha introdución común mediante unha dinámica de tertulia-café, para proceder despois aos talleres:
→ Obradoiro 1: Ferramenta Evalguía
→ Obradoiro 2: Escape room
→ Obradoiro 3: Sociodrama
Pecharemos a mañá cun mapa de emocións e daremos paso ás actividades da tarde, que son opcionais.
Tras xantar xuntas (a comida non está incluída na actividade, págase a parte), teremos unha tarde lúdica cun fotovoz mentres facemos un paseo guiado por Lalín.
INSCRICIÓNS:
Socios/as AGAMFEC 10€
Socios/as AGEFEC/FAECAP (Fed.Asoc.Enfermería FyC), socios/as COFIGA/AEF 10€
Non Socios/as AGAMFEC 20€
Último día para inscribirse: 27 de setembro
➟ Descarga o PROGRAMA
Actividade recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. Expediente núm: SA301A 2026/11-5
Para calquera consulta podes escribir a secretaria@agamfec.com
Reservas de praza
As reservas están pechadas.
