O venres 29 de maio ás 18:00h dentro das XXVIII Xornadas AGAMFEC terá lugar a sesión “O suicidio, unha nova pandemia”, moderada por Chus Cerecedo (Figura Referente de Saúde Mental de AGAMFEC) no Reitorado da UDC.
Compartiremos reflexións dirixidas a comprender o suicidio como un problema de saúde pública emerxente, abordando o papel clave do médico/a de familia na detección precoz, prevención e acompañamento das persoas en situación de vulnerabilidade.
📽️ Despois da sesión abrimos ao público a proxección do documental “EXPEDICIÓN MENTAL“ e contaremos coa presenza do director, Rubén Riós.
Un percorrido polo Camiño de Santiago con protagonistas que pasaron por problemas de Saúde Mental e expertos en Psiquiatría e Psicoloxía dando visibilidade aos suicidios. Poñendo enriba da mesa o papel dos medios de comunicación de cara a darlle visibilidade ao problema dende un periodismo ético.
Será un espazo de reflexión, proxección e diálogo arredor da saúde mental e da prevención do suicidio, desde unha perspectiva rigorosa, médica, social e cultural.
A proxección será ás 19:15h, aberta ao público xeral de forma gratuita ata completar capacidade. Podes reservar a túa praza no CÓDIGO QR ou no seguinte enlace:
We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy
Configure cookies
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.