Un ano máis a semFYC organiza a Semana Sen Fume. Esta campaña anual enche os Centros de Saúde de accións para loitar contra o consumo do tabaco e todos os problemas de saúde que están asociados ao mesmo.
Unha iniciativa dirixida tanto a equipos de Atención primaria como a pacientes para fomentar de maneira coordinada a loita contra o tabaquismo e a prevención dos problemas que conleva.
Este 2026 a semana chega á súa XXVII edición baixo o lema “Inhala vida” para animar a todas aquelas persoas fumadoras a intentar deixar de fumar, dado que esta decisión será a máis importante que poidan tomar pola súa saúde, actual e futura.
A semFYC pide a túa colaboración para deseñar accións que sexan efectivas e recoller datos relevantes da poboación fumadora.
Ata o 28 de abril pódese completar a enquisa na páxina web da Semana Sen Fume semanasinhumo.es onde tamén tendes dispoñibles materiais de apoio e os resultados da enquisa do ano pasado.
Neste enlace podes descargar tamén o CARTEL EN GALEGO

