O mércores 17 de decembro de 2025 no Centro de Saúde do Milladoiro, Mar Castiella, Antía Galindo e Noemí Vázquez García, integrantes do Grupo de Traballo de Cirurxía Menor, Dermatoloxía e Vendaxes Funcionais de AGAMFEC e Ana Alonso Méndez, Médica Rehabilitadora do Servicio Medicina Física e Rehabilitación da Área Sanitaria de Vigo realizaron o curso de TÉCNICAS PRÁCTICAS EN SUTURAS E INFILTRACIÓNS PARA ATENCIÓN PRIMARIA.
Recoñecido como Acto de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade (Expediente núm: SA301A 2025/46-1) este curso aborda a necesidade de realizar prácticas de situacións posibles de suturas e infiltracións nun entorno guiado por profesionais expertos.
Curso impartido en dous obradoiros totalmente prácticos co obxectivo de desenvolver destrezas manuais en técnicas básicas de sutura e infiltracións esenciais nas consultas de Atención Primaria con demostracións guiadas polos instrutores:
• OBRADOIRO 1: Cirurxía menor para Atención Primaria: técnicas básicas de sutura (2 horas).
• OBRADOIRO 2: Técnicas de infiltración para Atención Primaria (2 horas).
Moitas grazas a todos pola vosa asistencia.


