#ElixeMFeC/#EligeMFyC

Con motivo do inicio da repartición das prazas MIR este venres 14 de abril, a semFYC iniciou unha campaña na que se anima aos médicos e médicas que acaban de aprobar o exame, a elixir a Medicina Familiar e Comunitaria para facer o seu período formativo como residentes. Dende AGAMFEC gustaríanos sumarnos a esta campaña.

Unha das ideas clave para a posta en marcha desta acción é resaltar a peculiaridade desta especialidade, única, que aborda a medicina con mirada salutoxénica e centrada nas persoas.

Porque a Medicina Familiar e Comunitaria é medicina clínica, pero, sobre todo, medicina de persoas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.