revista Cadernos de Atención Primaria

Para ler este verán: Número de Xullo de Cadernos de Atención Primaria

Se neste verán o tempo non acompaña, ou precisades material para ler na praia, recomendámosvos o número de Xullo de Cadernos de Atención Primaria, que ven cargado de novas.

Con dúas editoriais, a científica asinada por María de los Ángeles Gonzalez Sabajanes e Gabriel Romero de Ávila, falándonos de dor e COVID-19 (La atención al dolor en la España de la COVID–19) e a clásica editorial AGAMFEC, onde un extenso grupo de traballo nos expón a situación da MEdicina de Familia na Universidade: un rei sen camisa.

Entre os Orixinais, atopamos dous temas de especial interese para a Atención Primaria: a motivación para o abandono do tabaco e o perfil circadiano da presión arterial.

Na sección para saber máis aprenderemos sobre Crisis addisoniana

E a destacar a sección de Humanidades, donde da man de Roberto Fernñandez, Jorge Mira e Antonio Blanco reviviremos o estraño caso de 25 falecidos por un raio.

Todo isto e moito máis na nosa revista

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.