Desde a Vogalía presentámosvos  as Sesións da Rede de Residentes AGAMFEC.

As sesións clínicas son unha ferramenta de formación personal e profesional, que permiten a adquisición de competencias e a actualización científica. O noso obxectivo é xerar un espazo para residentes onde poidamos coñecernos e formarnos de maneira continuada e con calidade.

As sesións serán en directo a través da plataforma Zoom, o último martes de cada mes ás 20:00h, cunha duración aproximada dunha hora (30’ de sesión e 30’ para preguntas e debate). Posteriormente estarán dispoñíbeis na Aula Virtual, a que podedes acceder a través do enlace que atoparedes máis abaixo.

Para participar tes que inscribirte enchendo o formulario que tes a continuación. Coa inscrición terás acceso ás sesións en directo e á Aula Virtual. Priorizarase a asistencia de residentes e titoras no caso de alcanzar o máximo de persoas que a plataforma permite por sesión.

Trátase dunha actividade de balde para socias.

Ademais, desde AGAMFEC queremos recoñecer a vosa asistencia, polo que cada sesión na que participedes (en directo, diferido ou intervindo no foro) certificarase cun diploma de asistencia.

Se estades interesadas en ser as ponentes dalgunha sesión, cubride a enquisa para participar e responderémosvos coa maior brevidade posíbel. As ponentes tamén recibirán un certificado que acredite a actividade.

Aprendamos todas de todas. ¡¡AGARDÁMOSVOS!!

INSCRÍBETE NAS SESIÓNS

Inscripción

PARTICIPA COMO DOCENTE

AULA VIRTUAL

CONSULTA AS SESIÓNS

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies