Copia de 3LIÑAS-DIBUJO


XORNADAS RECOÑECIDAS DE INTERESE SANITARIO POLA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA XUNTA DE GALICIA
Expediente núm. SA301A 2023/7-5

PROGRAMA:

VENRES 29 DE SETEMBRO:

9:30 – 11:00h. OBRADOIRO 1: SUICIDIO: ABORDAXE DO SUICIDIO EN ATENCIÓN PRIMARIA

Neste taller faremos unha aproximación ó papel da Atención Primaria na abordaxe tanto da ideación suicida manifestada polos pacientes como a atención urxente á conducta suicida, mediante a presentación de casos clínicos e ferramentas de atención médica e psicolóxica ó noso alcance.
Docentes: Jacinto Mosquera Nogueira e Luis Rodríguez Recarey

9:30 – 11:00h. OBRADOIRO 2: ABORDAXE ADOLESCENTE

Abordaxe da adolescencia: Cómo detectar trastornos do comportamento? Qué liñas vermellas detectar no desenvolvemento dun adolescente?
– Pautas elementais sobre a anammnese/entrevista en pacientes adolescentes (entrevista co acompañante, entrevista co adolescente a soas, e con ambos).
– Identificación de signos/síntomas de alarma: acoso escolar ou por redes sociais, síntomas depresivos, maltrato no ámbito familiar…
– Introdución aos procesos de protección do menor.
Docentes: Guillermo Lorenzo González, Lucía Bouza Bellas e Fátima Fernández Souto, GdT Atención á infancia e á adolescencia

9:30 – 11:00h. OBRADOIRO 3: RCV

Risco cardiovascular: tratamos cifras ou de verdade utilizamos táboas de risco? Cómo abordamos aos pacientes xoves con moitos factores de risco pero con pouco RCV?
Docentes: Luis Fransi Galiana e Fernando Lago Deibe, GdT Enfermidades Cardiovasculares

11:30 – 13:00h. OBRADOIRO 4: VIOLENCIA DE XÉNERO: GAFAS VIOLETAS

Dinámica de reflexión sobre as dificuldades, barreiras e razóns para usar as lentes violetas na consulta. Mediante a presentación dun caso clínico e unha dinámica de grupo, reflexionaremos sobre as barreiras que atopamos á hora de empregar as gafas violetas na nosa práctica clínica. 
Docente: Cátia Sofía Lages, GdT Violencia de xénero

11:30 – 13:00h. OBRADOIRO 5: COMUNICACIÓN: MALAS NOTICIAS

Que é unha mala noticia? Que sabemos sobre como abordalas na consulta de Atención Primaria? Hai algún truco? Neste obradoiro tentaremos traballar sobre diferentes aspectos comunicacionais en relación coas malas noticias, que forman parte da nosa labor asistencial habitual. Como identificalas, como percibir o impacto destas nos pacientes, como emitilas individualizando cada situación. Metodoloxía práctica, na que os discentes aporten o que saben, mellorando xuntos as habilidades para comunicar malas noticias.
Docentes: Olalla Quintairos Veloso e Anxo López Trigueiro, GdT Comunicación e saúde de AGAMFeC

11:30 – 13:00h. OBRADOIRO 6: ECO PULMONAR

Fundamentos ecográficos da ecografía pulmonar, tipos de sonda a empregar, botonaxe/regulación do ecógrafo, imaxes normais e patoloxias máis frecuentes que se poden ver coa eco pulmonar.
Docentes: Jesús Manuel Caeiro Castelao, Ramón Veras Castro, Vicente Fernández Rodríguez, GdT Ecografía

14:30 – 16:00h. DEFENSA DE COMUNICACIÓNS ORAIS

14:30 – 16:00h. DEFENSA DE PÓSTERS

16:00 – 17:30h. MESA BIOÉTICA: VULNERABILIDADE DO ANCIÁN

Vulnerabilidade como condición inherente ao ser humano e concretamente ao ancián en Galicia. Por distintos factores como o envellecemento, a fenda dixital e a dispersión xeográfica a nosa poboación soporta unha vulnerabilidade que se acumula “a modo de capas”. Análise dende o punto de vista ético.
María José González Estévez, Flora Miranda Pena e Alfredo Valdés Paredes, GdT Bioética

16:00 – 17:30h. OBRADOIRO 7: ARRITMIAS

Neste obradoiro o obxectivo é repasar a detección, interpretación e tratamento das principais arritmias, facendo fincapé nas que comportan inestabilidade hemodinámica ou perigo para a vida:
-Bradiarritmias con risco de asistolia.
-Taquicardias de QRS ancho e estreito, regulares e irregulares.
Docentes: Irene Pardo Planas, Ángela Carballo Viñas e Marcos Pérez Recamán, GdT Urxencias

16:00 – 17:30h. OBRADOIRO 6: ECO PULMONAR

Fundamentos ecográficos da ecografía pulmonar, tipos de sonda a empregar, botonaxe/regulación do ecógrafo, imaxes normais e patoloxias máis frecuentes que se poden ver coa eco pulmonar.
Docentes: Jesús Manuel Caeiro Castelao, Ramón Veras Castro, Vicente Fernández Rodríguez, GdT Ecografía

18:00 – 19:30h. MESA-DEBATE ATENCIÓN PRIMARIA: SITUACIÓN DA MFeC: CONDICIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS

Esta mesa/debate pretende analizar as condicións laborais actuais e as súas posibles melloras así como a optimización dos recursos humanos dentro da AP dende a perspectiva dos seus profesionais e a autoridade sanitaria competente. Praceríanos atopar solucións dende o consenso para mellorar o noso día a día e a atención aos nosos pacientes.

Susana ALdecoa Landesa, Médica de Familia e titora de residentes, Carmen García de Casasola Rodríguez, MIR III MFeC, Yolanda Fernández Veiga, MFeC e Secretaria de AGAMFEC, Álvaro Lamas Baños, Médico de Familia do Centro de saúde da Guarda

18:00 – 19:30h. OBRADOIRO 7: ARRITMIAS

Neste obradoiro o obxectivo é repasar a detección, interpretación e tratamento das principais arritmias, facendo fincapé nas que comportan inestabilidade hemodinámica ou perigo para a vida:
-Bradiarritmias con risco de asistolia.
-Taquicardias de QRS ancho e estreito, regulares e irregulares.
Docentes: Irene Pardo Planas, Ángela Carballo Viñas e Marcos Pérez Recamán, GdT Urxencias

18:00 – 19:30h. OBRADOIRO 3: RCV

Risco cardiovascular: tratamos cifras ou de verdade utilizamos táboas de risco? Cómo abordamos aos pacientes xoves con moitos factores de risco pero con pouco RCV?
Docentes: Luis Fransi Galiana e Fernando Lago Deibe, GdT Enfermidades Cardiovasculares 

SÁBADO 30 DE SETEMBRO:

09:30 – 11:00h. HABILIFEIRA COMUNITARIA: Obradoiros técnicos:

Itinerario formativo que discurre por diferentes estacións docentes. En cada estación realizase un obradoiro rápido no que se amosa de xeito práctico e áxil cómo dar resposta a unha situación concreta dentro do ámbito da medicina comunitaria.

– Coordinadora: Alba Pons Revuelta, GdT PACAP

09:30 – 11:00h. ESCAPE ROOM INEQUIDADES EN SAÚDE 2023: Se Tudor levantase a cabeza!

Escape Room sobre inequidades en saúde e lei de coidados inversos. Trataranse as cuestións: Cómo repartimos os recursos que temos no día a día das nosas consultas? Dedicamos máis tempo a quén máis o necesita? Abordarase o papel do médico de familia para disminuir as desigualdades e inequidades en saúde.

– Coordinadora: Ana Arceo, GdT de Inequidades en saúde e saúde internacional

11:30 – 13:00h. MESA UNIVERSITARIA: PAPEL DA MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA NA UNIVERSIDADE

AGAMFEC é consciente da importancia da presenza da medicina de familia na Universidade e máis concretamente na Universidade de Santiago de Compostela, para o que é moi importante coñecer o estado actual, a situación de partida e seguir expondo as estratexias e proxectos de mellora.

Verónica Casado Vicente, Presidenta de AMFE (Academia De Medicina De Familia De España), profesora asociada de Ciencias da saúde dende fai 30 anos; Francisco Gude Sampedro, profesor contratado, Doctor da asignatura de Medicina Familiar e Comunitaria da USC; Miguel Valverde Nieto, Residente de Medicina Familiar e Comunitaria; María José Fernández Domínguez, presidenta de AGAMFEC, profesora colaboradora da asignatura de Medicina Familiar e Comunitaria da USC, Julián Álvarez Escudero, Decano da Facultade de Medicina da USC

13:00 – 14:00h. CONFERENCIA DE PECHE: INVESTIGACIÓN EN ATENCIÓN PRIMARIA

Pilar Gayoso, Subdirectora Xeral de Investigación no Instituto de Salud Carlos III de Madrid, Clara Guede Fernández, GdT Investigación de AGAMFEC

14:00 – 14:30h. ENTREGA DE PREMIOS E CLAUSURA a cargo de Martín Menéndez Rodríguez, Presidente do Comité Científico.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies